VokiBot

Executa calquera acción con calquera disparador

Ferramenta de automatización para Android

Captura de pantalla principal de VokiBot
Elixe un disparador

Elixe un disparador

Podes usar etiquetas NFC, atallos na pantalla de inicio e dispositivos Bluetooth como disparadores para as túas automatizacións. Deseñado para ser extensible, con máis disparadores previstos para o futuro como eventos do sistema, xestos, detección Wi-Fi…

Elixe qué executar

Elixe qué executar

Que podes automatizar? Actualmente, podes invocar outras aplicacións abrindo pantallas específicas, iniciando servizos ou enviando mensaxes. Tamén podes cambiar axustes do sistema, abrir paneis de axustes rápidos ou ir a páxinas de axustes específicas. E finalmente, podes conectar e desconectar dispositivos Bluetooth. Máis comandos están en camiño!

Liberdade como característica

Liberdade como característica

AGPLv3 protexe as túas liberdades como usuario. O código é mantido pola comunidade e calquera pode auditalo. Sen spyware. Sen recollida de datos. Sen publicidade encuberta. F-Droid asegura que os binarios se xeran só dende o código fonte publicado sen adicións ocultas.

Traducións

Traducións

Prestase especial atención ao soporte de linguas minoritarias e rexionais. Este é un esforzo comunitario; traduce o teu idioma con Weblate.